sabes_o_que_comes

salchichas

Se cadra es curioso e che interese saber que todas as nosas salchichas e crioulos están pasteurizados para garantir a maior seguridade alimentaria. Ou, se cadra, só che interese saber que coidamos moito de todo o que comes para coidar moito de ti. Sexas como sexas, con Rivero sempre saberás que estás en boas mans.

embutidos

O compromiso Rivero consiste en ofrecerche carnes da máxima calidade. Por iso supervisamos a alimentación dos nosos animais desde a súa cría nas nosas granxas. Porque só dos nosos mellores porcos se obteñen os mellores produtos.

chacinaria

Gústanos pensar que cada produto Rivero que che ofrecemos é unha preocupación menos para ti. Por iso contamos cunha ampla gama de produtos que nos permiten sumar á túa alimentación máis bocados de tranquilidade cada día.

Porque non cremos que a falta de tempo e o comer ben non poidan ser sinónimos, a nosa variedade de precociñados permitirache gozar dos pratos máis elaborados sen necesidade de pasar horas na cociña.

adobados

A nosa obriga é que cada vez que probes un produto Rivero as túas expectativas se vexan cumpridas. É por iso polo que aderezamos as nosas carnes con toda a información, para que así o que comas sexa exactamente o que queres comer. E nada máis.

salgaduras

Onde outros só ven ingredientes, ti verás tranquilidade. Porque sabes que en Rivero che garantimos a confianza e calidade en calquera punto de venda.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies