sei_o_que_como

A ORIXE DOS ALIMENTOS

Coñecer a orixe dos produtos alimenticios que consumimos é unha prioridade. Por iso, nos produtos cárnicos é fundamental saber de onde procede a carne utilizada como ingrediente na súa elaboración.

¿POR QUE É IMPORTANTE COÑECER A ORIXE OU PROCEDENCIA DA CARNE?

As principais vantaxes de informar ao consumidor sobre a procedencia da carne utilizada na elaboración de produtos cárnicos residen na confianza e seguridade que esa información achega sobre a calidade do produto, aumentando a transparencia na cadea alimentaria, diminuíndo as posibilidades de fraudes alimentarios e axudando a diferenciar entre os produtos dispoñibles.

¿É OBRIGATORIO INCLUÍR ESA INFORMACIÓN NO ETIQUETADO DOS PRODUTOS?

Na UE só é obrigatorio indicar o país de orixe ou procedencia para a carne sen transformar destinada ao consumidor final. No entanto, na actualidade non é obrigatorio informar sobre o país de orixe da carne que se utiliza como ingrediente na fabricación de alimentos procesados.

¿POR QUE NON SE ADOITA FORNECER ESTA INFORMACIÓN AO CONSUMIDOR?

Dada a complexidade da cadea de subministración da carne e a frecuente mestura de materias primas procedentes de diferentes provedores, é certamente complexo para os fabricantes de produtos cárnicos determinar o país de procedencia da carne utilizada como ingrediente nos seus produtos a efectos do etiquetado de orixe, ao se interromper esta información nas fases previas da cadea de subministración. A propia Comisión Europea recoñece que os sistemas de trazabilidade existentes na UE non son axeitados para fornecer información de orixe ao longo da cadea alimentaria.

¿POR QUE RIVERO SI PODE GARANTIR A ORIXE DA CARNE?

Porque en Rivero acurtamos a cadea alimentaria, eliminando intermediarios. Contamos cunha estrutura que abrangue todas as fases do proceso de produción, desde a orixe, sen nada no medio: alimentamos e criamos o noso gando, procesando e elaborando todos os produtos nas nosas propias instalacións. Deste xeito, dispoñemos dun sistema de trazabilidade detallado desde o inicio da produción, estando en total disposición de garantir a transmisión de información acumulada ao longo de todas as fases de elaboración do produto.

¿COMO INFORMA RIVERO SOBRE A ORIXE DA CARNE NOS SEUS PRODUTOS?

En Rivero queremos ser plenamente transparentes e informar adecuadamente o consumidor sobre a orixe da carne que utilizamos na elaboración dos nosos alimentos, para a súa total tranquilidade. Por iso no etiquetado de todos os produtos Rivero poderás comprobar que na lista de ingredientes se inclúe a lenda “Orixe España” para todos os ingredientes cárnicos do alimento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies