para aqueles aos que lles gusta saber o que comen

En Rivero estamos comprometidos coa túa tranquilidade e confianza. Porque cremos firmemente que coñecer a orixe do que comemos é unha prioridade, desenvolvemos un sistema de produción que abrangue todas as fases do proceso, desde o campo ata o punto de venda, o que nos permite facer chegar á mesa alimentos totalmente controlados, elaborados cos maiores estándares de calidade e seguridade alimentaria.

A ORIXE

O proceso de produción en Rivero comeza coa selección de cereais necesaria para fornecer unha alimentación adecuada ao noso gando porcino de raza selecta, que desde o seu nacemento criamos en óptimas condicións de benestar animal. Deste xeito se producirán carnes excelentes, que logo serán procesadas até a súa transformación en alimentos elaborados de alta calidade preparados para o seu consumo.

 

Queremos asegurar completamente a procedencia dos nosos produtos, polo que todo ese conxunto de actividades integradas se leva a cabo nas nosas propias instalacións situadas na zona centro de Galicia.

 

Así garantimos a orixe dos nosos alimentos.

NADA NO MEDIO

Desde os agricultores e gandeiros até os consumidores, os alimentos percorren unha longa cadea alimentaria na que poden intervir axentes sen as suficientes garantías para manter uns estándares de calidade elevados. En Rivero acurtamos esa cadea, eliminando intermediarios.

 

Para iso contamos cun sistema de produción integrado verticalmente, o que nos permite dominar todas as fases do proceso produtivo: selección, alimentación e crianza do gando, procesado, despezamento, desosado da carne e transformación en produtos preparados directamente para o seu consumo.

 

Así controlamos por completo cada paso do proceso de elaboración dos nosos produtos, desde a orixe, sen nada no medio, fornecendo completa trazabilidade, transparencia e seguridade alimentaria.

EN RIVERO APOSTAMOS POLA CALIDADE DESDE A ORIXE

A CALIDADE

Na produción das nosas carnes de alta calidade inflúen multitude de factores: alimentación animal con materias primas nobres, raza do gando, benestar animal, faenado axeitado no matadoiro e procesado durante o despezamento e desosado da carne.

 

En Rivero engadímoslle a esta materia prima superior un proceso controlado de elaboración en instalacións tecnoloxicamente punteiras, obtendo elaborados cárnicos da máxima calidade e seguridade que satisfán todas as expectativas.

 

Así elaboramos produtos excelentes, aplicando os nosos estándares de calidade e seguridade alimentaria durante todas as fases do proceso de produción, desde a orixe. E garantímolo certificando todo o noso proceso de produción no seu conxunto segundo as normas ISO 9001, ISO 14001 e ISO 22000.

 

E porque nos importa o benestar, adaptamos toda a gama Rivero ás alerxias e intolerancias máis frecuentes. Así que todos os nosos produtos están exentos de glute e lactosa, para unha total tranquilidade.

A CONFIANZA:

¡SEI O QUE COMO!

En Rivero traballamos coa transparencia e seguridade que nos proporciona o control integral do proceso de produción dos nosos alimentos, sabendo que non perdemos de vista a calidade desde a orixe, porque só deste xeito podemos ofrecerche a tranquilidade e a confianza de saber exactamente o que comes.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies