AVISO LEGAL

En cumprimento estrito do disposto no artigo 10° da LSSICE (Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, Lei 34/2002) e normativa complementaria, infórmase que o responsable da prestación dos servizos de que fornece este sitio web é:

 

Titularidade do sitio web:
O nome de dominio, www.riveroseloquecomo.es está rexistrado a favor de Rivero Alimentación, S.L.

 

Empresa responsable:
Rivero Alimentación, S.L.
Inscrita no Rexistro Mercantil de Ourense
Tomo 852, Folio 3, Folla OR-14390

Datos fiscais:
CIF: ES B-94.089.505

 

Domicilio:
Polígono Industrial de Uceira, 24,
32500 O Carballiño, Ourense, España.

 

e-mail: lopd@riveroalimentacion.es

 

Teléfono: +34 988 530 004

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

En Rivero Alimentación, S.L. estamos preocupados pola seguridade e por garantir e protexer a privacidade dos nosos clientes. Por ese motivo garantímoslle que o tratamento dos seus datos se efectúa baixo altos niveis de seguridade. Os datos de carácter persoal que nos forneceu de forma voluntaria serán incorporados a un ficheiro do que é titular Rivero Alimentación, S.L. que se utilizará para informalo dos produtos e promocións de Rivero Alimentación, S.L. a través da conta de correo que nos facilitou. Rivero Alimentación, S.L. como responsable do ficheiro, comprométese a respectar a confidencialidade da súa información de carácter persoal.

 

En cumprimento do disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados segundo a lexislación e poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, para o que deberá remitir unha comunicación escrita, desde a conta de correo electrónico que usou para tramitar a alta a lopd@riveroalimentacion.es ou ben a través dunha carta, acompañada dunha copia do seu DNI, dirixida á seguinte dirección postal: Rivero Alimentación, S.L., Polígono Industrial de Uceira, 24, 32500 O Carballiño, Ourense, España. Rivero Alimentación, S.L. ten os seus ficheiros debidamente inscritos na Agencia Española de Protección de Datos e cumpre rigorosamente co acordado na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal.

Rivero Alimentación, S. L., desexa garantir a súa privacidade cando utilice os nosos servizos, por iso a declaración seguinte informarao da nosa política de protección de datos persoais e así poderá decidir voluntariamente en que grao desexa proporcionalos a Rivero Alimentación, S. L. Rivero Alimentación, S. L. pode modificar esta política de privacidade en función de esixencias lexislativas ou de autorregulación, polo que lle aconsellamos que a visite periodicamente. Rivero Alimentación, S. L. non arquiva ningunha información fornecida voluntariamente para o envío de información ou consultas a través do correo electrónico.

 

En todo caso, calquera persoa poderá exercer os seus dereitos de acceso aos mesmos, a súa rectificación, cancelación ou oposición ao seu tratamento a través dunha carta á dirección arriba indicada e coa debida identificación. No caso de que facilite datos de carácter persoal de terceiros, garántenos que conta coas autorizacións necesarias para o seu tratamento. Así mesmo, está obrigado a informar a estes terceiros dos termos e condicións do tratamento dos seus datos.

POLÍTICA DE COOKIES

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu computador para acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu computador e, dependendo da información que conteñan e da forma en que se utilice o computador, poden utilizarse para recoñecer o usuario. O navegador memoriza cookies no disco duro só durante a sesión actual, ocupando un espazo de memoria mínimo e sen prexudicar o computador. As cookies non conteñen ningunha clase de información persoal específica e a maioría das mesmas bórranse do disco duro ao finalizar a sesión de navegador (as denominadas cookies de sesión).

 

A maioría dos navegadores aceptan como estándar as cookies e, con independencia das mesmas, permiten ou impiden nos axustes de seguridade as cookies temporais ou memorizadas.

 

Sen o seu expreso consentimento mediante a activación das cookies no seu navegador, www.riveroseloquecomo.es non engadirá como ligazón nas cookies os datos memorizados cos seus datos persoais fornecidos no momento do rexistro ou a compra.

 

¿Que tipos de cookies utiliza esta páxina web?

 

Cookies de personalización: Son aquelas que permiten ao usuario acceder ao servizo con algunhas características de carácter xeral, predefinidas en función dunha serie de criterios no terminal do usuario: por exemplo, serían o idioma, o tipo de navegador a través do cal accede ao servizo, a configuración rexional coa que accede, etc.

Cookies de análise: Son aquelas que, ben tratadas por nós ou por terceiros, nos permiten cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e a análise estatística da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

 

Cookies de terceiros: A web de www.riveroseloquecomo.es pode utilizar servizos de terceiros que recompile a información con fins estatísticos, de uso do sitio por parte do usuario e para o fornecemento doutros servizos relacionados coa actividade do sitio web e outros servizos de Internet.

 

En particular, este sitio web utiliza Google Analytics, un servizo analítico de web fornecido por Google, Inc., con domicilio nos Estados Unidos con sede central en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View, California 94043. Para o fornecemento destes servizos, estes utilizan cookies que recompilan información, incluída a dirección IP do usuario, que será transmitida, tratada e almacenada por Google nos termos fixados na web Google.com. Incluíndo a posible transmisión desta información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google.

 

O usuario acepta expresamente, pola utilización deste sitio, o tratamento da información recollida na forma e cos fins anteriormente mencionados. E, así mesmo, recoñece coñecer a posibilidade de rexeitar o tratamento destes datos ou información rexeitando o uso de cookies mediante a selección da configuración apropiada para tal fin no seu navegador, aínda que esta opción de bloqueo de cookies pode non permitirlle o uso pleno de todas as funcionalidades do sitio web.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies