En Rivero controlamos o proceso
completo, desde o campo á
mesa, para darche a seguridade de
que comes o mellor.
En Rivero sumamos calidade e
transparencia para que ti restes
preocupacións na túa alimentación
diaria.

En Rivero traballamos co agarimo
dos pequenos produtores e as
garantías dunha grande empresa.

Detrás de cada produto Rivero hai
unha receita de tranquilidade. A de
saber que non perdemos de vista
a calidade desde as nosas granxas
até o teu prato.

En Rivero apostamos pola calidade
desde a orixe, para que nada do
que hai detrás dos nosos
alimentos quede atrás
en importancia.

En Rivero producimos o penso co
que alimentamos os nosos
animais, porque sabemos que a súa
alimentación é a túa alimentación.

En Rivero coidamos cada pequeno
detalle para ofrecerche grandes
produtos.

En Rivero contámosche todo o
que hai detrás de cada produto,
porque tes dereito a saber o
que comes.

En Rivero cultivamos a confianza,
para que a información do que
comes non se limite a un conxunto
de etiquetas.

Porque o segredo de Rivero é
non ter segredos contigo.

CONFIANZA DE PRINCIPIO A FIN

En Rivero sabemos o importante que é para ti coñecer a orixe do que comes. Por iso desenvolvemos un sistema de produción único que nos permite controlar cada etapa do proceso de elaboración dos nosos alimentos, desde o campo até o punto de venda, sen nada no medio. Só deste modo é posible ofrecerche a tranquilidade e confianza de saber exactamente de onde veñen os nosos produtos e como se trataron.

piensos

Pensos

Alimentamos o noso gando a base de cereais seleccionados para producir a mellor carne dun xeito natural.

ganado

Gando

Criamos o noso gando porcino de raza selecta en explotacións situadas no corazón de Galicia, onde crece en óptimas condicións de benestar animal.

carne

Carne

Procesamos e desosamos a nosa carne de alta calidade baixo estritos estándares de trazabilidade, hixiene e seguridade alimentaria.

elaborados

Elaborados

A esta materia prima excelente engadímoslle un proceso controlado de elaboración nas nosas instalacións tecnoloxicamente punteiras.

BOCADOS DE TRANQUILIDADE

Os produtos Rivero elabóranse con carnes producidas e controladas por nós desde a orixe, de modo que podemos ofrecerche a tranquilidade e a confianza de saber exactamente o que comes. Para que cada produto Rivero que consomes sexa unha preocupación menos para ti.

APTOS PARA TODOS

Estamos comprometidos coa túa saúde e benestar. Por iso todos os produtos Rivero son adecuados para persoas celíacas e intolerantes á lactosa. Porque todos nos merecemos gozar dunha alimentación sen sobresaltos.

NOVIDADES DO BLOG

Ofrecémosche toda a información e os mellores consellos para que poidas acompañar os teus pratos cos hábitos de vida máis saudables.

Descubre connosco novas e imaxinativas ideas para levar á túa mesa un toque de creatividade.

Coñece todo o que pasa no universo Rivero, goza de saborosas ofertas e non deixes pasar ningunha das nosas novidades.

  • Rivero contra las intolerancias alimentarias

    Desde hace algunos años se viene hablando de intolerancias y alergias que limitan el consumo de algunos alimentos y sus derivados. De entre ellas, las reacciones adversas al gluten y a la lactosa son las que predominan en la sociedad. La primera se produce por......

  •  4 aperitivos fáciles con los que sorprenderás 

    A todos nos gusta llevar un toque de creatividad a nuestra mesa, independientemente de cuál sea la ocasión. ¿El objetivo? Sorprender a nuestros invitados con recetas originales y, a poder ser, fáciles....

  • En Madrid Fusión ya saben lo que comen

    A comienzos de febrero tuvo lugar Madrid Fusión, el evento de gastronomía internacional en el que se dan cita los más prestigiosos cocineros del mundo, nuevas promesas procedentes de todos los países y un gran número de aficionados al buen comer....

¿QUERES DICIRNOS ALGO?

Pregunta ou comenta todo aquilo que desexes e os nosos especialistas resolverán as túas dúbidas.

TELÉFONO

+34 988 530 004

COMUNIDADES

    

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR